mércores, 19 de abril de 2017

Contextualización histórica del concello de Moaña



Benvidos de novo ao noso blog!!

Qué tal foron as vacacións de semana santa? Hoxe volvemos para facer unha aproximación á contextualización histórica do concello de Moaña. Da época do neolítico, podemos topar o monumento máis importante, o dólmen de Chan de Arquiña e o Castro de Montealegre en Domaio.  Na idade Media, constrúese a Torre de Meira e o Pazo de O Rosal e no ano 1617 a flota turca arrasa a parroquia de Domaio. Sen embargo, o acontecemento histórico máis importante da comarca do Morrazo foi o combate naval de Rande no ano 1702 donde a tropa española foi derrotada pola flota inglesa. Para máis información histórica do concello, os deixamos o seguinte enlace: http://www.agalicia.com/moana/







Esperamos que esta información os sexa de axuda, ata a próxima!!!

mércores, 5 de abril de 2017

Introdución do noso proxecto


Boas de novo:

Nesta entrada, vamos a adiantarvos un pouco os obxectivos que queremos traballar no noso proxecto.
A nosa proposta vaise centrar na área de coñecemento do contorno. Estos son algúns obxetivos que queremos alzanzar:



  • Observar o seu contorno, identificando as propiedades dos obxectos para establecer comparacións.
  • Establecer relacións causa-efecto, percibindo as consecuencias das súas accións nos obxectos ou persoas do seu contorno.
  • Identificar as nocións espaciais establecendo relacións cos obxectos e as persoas coas que interactúa.
  • Descubrir as características dos animais e vexetais, diferenciando os seres vivos doutros elementos e materiais presentes no seu contorno inmediato.


Estos obxetivos levaranse á práctica a través de diferentes actividades, aproximando ao alumnado á natureza e ó respecto da mesma.

Ademais queremos lograr uns obxetivos específicos, entre os que se atopan os seguintes:

  • Coñecer a ruta para poder chegar a Poza da Moura.
  • Conseguir unha aproximación do alumnado coa natureza.
  • Desenvolver unha actitude positiva cara a natureza.
  • Achegar o alumnado a un patrimonio cultural preto.

Que teñades unha boa Semana Santa!!! 

Contextualización

Bos días mouros e mouras!! Hoxe vos presentamos a contextualización da poza da moura. No mapa que atopamos debaixo, observamos a ruta que temos que facer para poder ir dende o CEIP Domaio ata a Poza da Moura. En primer lugar, vamos dende o CEIP Domaio (PUNTO A) co autobús ata onde chega a carretera para despois comezar a camiñar ata a Poza da Moura a través de camiños (a liña rosa). Esperamos que empregando esta ruta os sexa sinxelo chegar ao noso destino!. Ata a próxima!!

mércores, 29 de marzo de 2017

Ubicación




Resultado de imagen de ruta dos muiños e poza da mouraMoi cerca do campo de golf de Domaio e nun entorno de singular beleza, atópase a Poza da Moura, un lugar cheo de encanto que ofrece unha panorámica espectacular da ría de Vigo e a ponte de Rande.
A poza da Moura é un pequeno embalsamento natural das augas procedentes do río Muíños que despois seguen o seu curso formando unha fervenza en dirección a Domaio.

A lenda da Poza da Moura





Hoxe imos descubrir a historia do lugar máxico da Poza da Moura!!

Conta a lenda que fai moitísimos anos chegou a terras de Domaio, en Moaña, un mouro coa súa fermosa filla. A rapaza namorouse dun campesiño e ambos atopábanse neste lugar. O pai da moza, contrario a esta relación, os sorprendeu un día na poza e matou ao campesiño. A moura, enloquecida pola dor sumerxiuse na poza e desapareceu. Dícese que dende entón, mas noites de verán escoítanse lamentos da moura procedentes da poza. Na noite de San Xoán, segundo a lenda, a moura aparece na poza peinando os seus longos cabellos cun peine de ouro. Na seguinte fotografía podemos observar a poza:




Continuaremos descubrindo os marabillosos misterios deste lugar nas seguintes entradas!

Un saúdo aos mouros e mouras lectores.
Benvidos ao noso máxico blog:

Somos Samanta, Laura e Nélida futuras mestras de Educación Infantil.
Neste blog profundizaremos nun dos rincóns máxicos que se atopan en Galicia: A poza da moura e a ruta dos muiños. Dedicaremos as seguintes entradas a exploración e as actividades infantis relacionadas con este lugar. Esperamos que nos acompañedes nesta aventura e que poidades emplear os recursos dispoñibles.


Sed benvidos ao noso mundo máxico" Recanto con Encanto".