mércores, 3 de maio de 2017

Introdución as actividades



Bos dias,
Hoxe vamos a contarvos as actividades que imos facer cos nenos e coas nenas. Para iso introduciremos as actividades a través da lenda na asamblea. Con isto conseguiremos a motivación do alumnado porque como é un entorno cercano a eles e elas fomentará a súa curiosidade.

A historia será a seguinte:

''Nenos e nenas hoxe nos vamos a sumerxir nunha historia máxica, este lugar é a Poza da Moura.
Conta a lenda que fai moitísimos anos chegou a terras de Domaio ( Coñecendo o entorno), en Moaña, un mouro coa súa fermosa filla. A rapaza namorouse dun campesiño (Cultivando as sementes) e ambos atopábanse neste lugar. O pai da moza, contrario a esta relación, pola ruta dos muíños (Muíño, Muíño eSomos panadeiros e panadeiras) de camino a poza os sorprendeu un día e matou ao campesiño. A moura, enloquecida pola dor sumerxiuse na poza (O noso amigo: O basilisco) e desapareceu. Dícese que dende entón, nas noites de verán escoítanse lamentos da moura procedentes da poza. Na noite de San Xoán, segundo a lenda, a moura aparece na poza peinando os seus longos cabellos cun peine de ouro (Somos actores e actrices).

Para finalizar, o último día realizaremos unha reconstrucción do aprendido cunha saída a la poza da Moura.

Nas próximas entradas poderedes ver as diversas actividades cos seus respectivos obxectivos, temporalización, etc.


Ata pronto!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario