Muíño, Muíño e Somos panadeiros e panadeiras.
¨Nenos e nenas, ¿sabedes o que é un muíño e o que se fai nel?¨
¨Hoxe imos a realizar un experimento. Para realizalo necesitamos: 6 cucharillas de plástico e unha cortiza en forma de circunferencia a modo de eixo. Como podemos apareciar na imaxe:
E agora, ¿para que credes que serviría o muíño?: o muíño serve para moer o gran que nos da a fariña para facer o pan. ¿Queredes facer pan?. Pois hoxe o faremos. Para poder realizar pan precisamos: fariña, auga, sal e levadura. O procedemento para poder facer pan é o seguinte:
1. Mesturar os ingredientes.
2. Deixar fermentar (30 min).
3. Dividir a masa conseguida e poñerlle forma.
4. Hornear (esto o realizará a cociñeira ou o cociñeiro do colexio).
- Traballar en grupos cooperativos.
- Empregar diversos materiais reciclables.
- Aprender a facer pan.
- Socializar cos compañeiros e coas compañeiras.
- Elaborar pan.
- Explorar a maneira en que funciona un muíño.
Temporalización
2 horas de duración


Ningún comentario:
Publicar un comentario