mércores, 3 de maio de 2017

2 SESIÓN



Cultivando as sementes


¨Nenos e nenas, ¿sabedes que fan os campesiños e campesiñas?¨. (Con anterioridade, para esta sesión, pedimos aos nenos e as nenas que trouxeran o material necesario: lentella, recipiente de iogur baleiro e algodón).

¨Hoxe imos plantar unha semente de lentella. Primeiro, comenzamos depositando no fondo do recipiente o algodón e introducimos a semente dentro. A continuación, regamos a semente cun pouco de auga. Finalmente, deixamos que a lentella medre regándoa as veces que precise¨.

Obxectivos

- Plantar as sementes.
- Coñecer os materiais que se precisan.
- Fomentar a autonomía.

Temporalización

1 hora de duración (cada día observamos a evolución da semente).

Ningún comentario:

Publicar un comentario