mércores, 10 de maio de 2017

ÚLTIMA SESIÓN: SAÍDA EDUCATIVA




Saída educativa á Poza da Moura

¨Nenos e nenas hoxe imos realizar por fin a saída educativa á poza da Moura!!.¨ A saída se realizará desde as 10 de mañá e para poder trasladarnos contaremos cun autobús que nos deixará ata onde chega a estrada e durará ata as 14h . Cando o autobús nos deixe, comezaremos a camiñar ata que cheguemos á poza. Polo camiño podemos observar todo o aprendido na clase: os muíños, observaremos a tensión superficial presente na auga, apreciaremos vexetación observada con anterioridade na clase, etc. Tamén realizaremos unha serie de actividades como as seguintes:

1. Qué árbore é?.

Na poza, os nenos e as nenas se dividirán en grupos cooperativos. Despois, un neno ou unha nena de cada grupo cos ollos pechados será guiado/a polos demáis membros do grupo a unha árbore. O neno ou a nena cos ollos pechados deberá tocala e posteriormente indicar que árbore era. Desta forma, todos e todas aprenden a indentificar unha árbore segundo as súas características.


2. Búsqueda do tesouro.

Dividiremos ao alumnado en grupos cooperativos. Despois, formulamos unha serie de preguntas relacionadas con todo o aprendido nas diferentes sesións. Ao acertar as preguntas, se proporcionan pistas para poder atopar o tesouro.


Obxectivos

- Explorar o medioambiente.
- Respetar o seu entorno.
- Gozar do medioambiente.
- Relacionar todo o aprendido.
- Traballar en grupos cooperativos.

Temporalización

4 horas de duración

Ningún comentario:

Publicar un comentario