Boas de novo:
Nesta entrada, vamos a adiantarvos un pouco os obxectivos que queremos traballar no noso proxecto.
A nosa proposta vaise centrar na área de coñecemento do contorno. Estos son algúns obxetivos que queremos alzanzar:
- Observar o seu contorno, identificando as propiedades dos obxectos para establecer comparacións.
- Establecer relacións causa-efecto, percibindo as consecuencias das súas accións nos obxectos ou persoas do seu contorno.
- Identificar as nocións espaciais establecendo relacións cos obxectos e as persoas coas que interactúa.
- Descubrir as características dos animais e vexetais, diferenciando os seres vivos doutros elementos e materiais presentes no seu contorno inmediato.
Estos obxetivos levaranse á práctica a través de diferentes actividades, aproximando ao alumnado á natureza e ó respecto da mesma.
Ademais queremos lograr uns obxetivos específicos, entre os que se atopan os seguintes:
- Coñecer a ruta para poder chegar a Poza da Moura.
- Conseguir unha aproximación do alumnado coa natureza.
- Desenvolver unha actitude positiva cara a natureza.
- Achegar o alumnado a un patrimonio cultural preto.
Que teñades unha boa Semana Santa!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario