mércores, 19 de abril de 2017

Contextualización histórica del concello de Moaña



Benvidos de novo ao noso blog!!

Qué tal foron as vacacións de semana santa? Hoxe volvemos para facer unha aproximación á contextualización histórica do concello de Moaña. Da época do neolítico, podemos topar o monumento máis importante, o dólmen de Chan de Arquiña e o Castro de Montealegre en Domaio.  Na idade Media, constrúese a Torre de Meira e o Pazo de O Rosal e no ano 1617 a flota turca arrasa a parroquia de Domaio. Sen embargo, o acontecemento histórico máis importante da comarca do Morrazo foi o combate naval de Rande no ano 1702 donde a tropa española foi derrotada pola flota inglesa. Para máis información histórica do concello, os deixamos o seguinte enlace: http://www.agalicia.com/moana/







Esperamos que esta información os sexa de axuda, ata a próxima!!!

mércores, 5 de abril de 2017

Introdución do noso proxecto


Boas de novo:

Nesta entrada, vamos a adiantarvos un pouco os obxectivos que queremos traballar no noso proxecto.
A nosa proposta vaise centrar na área de coñecemento do contorno. Estos son algúns obxetivos que queremos alzanzar:



  • Observar o seu contorno, identificando as propiedades dos obxectos para establecer comparacións.
  • Establecer relacións causa-efecto, percibindo as consecuencias das súas accións nos obxectos ou persoas do seu contorno.
  • Identificar as nocións espaciais establecendo relacións cos obxectos e as persoas coas que interactúa.
  • Descubrir as características dos animais e vexetais, diferenciando os seres vivos doutros elementos e materiais presentes no seu contorno inmediato.


Estos obxetivos levaranse á práctica a través de diferentes actividades, aproximando ao alumnado á natureza e ó respecto da mesma.

Ademais queremos lograr uns obxetivos específicos, entre os que se atopan os seguintes:

  • Coñecer a ruta para poder chegar a Poza da Moura.
  • Conseguir unha aproximación do alumnado coa natureza.
  • Desenvolver unha actitude positiva cara a natureza.
  • Achegar o alumnado a un patrimonio cultural preto.

Que teñades unha boa Semana Santa!!! 

Contextualización

Bos días mouros e mouras!! Hoxe vos presentamos a contextualización da poza da moura. No mapa que atopamos debaixo, observamos a ruta que temos que facer para poder ir dende o CEIP Domaio ata a Poza da Moura. En primer lugar, vamos dende o CEIP Domaio (PUNTO A) co autobús ata onde chega a carretera para despois comezar a camiñar ata a Poza da Moura a través de camiños (a liña rosa). Esperamos que empregando esta ruta os sexa sinxelo chegar ao noso destino!. Ata a próxima!!