mércores, 10 de maio de 2017

DESPEDIDA




Bos días,

Aquí remata a nosa unidade didáctica sobre a Poza da Moura. Esperamos que os gustara e que poidades aplicala á hora de impartir clase.

Un saúdo e ata a próxima!!




ÚLTIMA SESIÓN: SAÍDA EDUCATIVA




Saída educativa á Poza da Moura

¨Nenos e nenas hoxe imos realizar por fin a saída educativa á poza da Moura!!.¨ A saída se realizará desde as 10 de mañá e para poder trasladarnos contaremos cun autobús que nos deixará ata onde chega a estrada e durará ata as 14h . Cando o autobús nos deixe, comezaremos a camiñar ata que cheguemos á poza. Polo camiño podemos observar todo o aprendido na clase: os muíños, observaremos a tensión superficial presente na auga, apreciaremos vexetación observada con anterioridade na clase, etc. Tamén realizaremos unha serie de actividades como as seguintes:

1. Qué árbore é?.

Na poza, os nenos e as nenas se dividirán en grupos cooperativos. Despois, un neno ou unha nena de cada grupo cos ollos pechados será guiado/a polos demáis membros do grupo a unha árbore. O neno ou a nena cos ollos pechados deberá tocala e posteriormente indicar que árbore era. Desta forma, todos e todas aprenden a indentificar unha árbore segundo as súas características.


2. Búsqueda do tesouro.

Dividiremos ao alumnado en grupos cooperativos. Despois, formulamos unha serie de preguntas relacionadas con todo o aprendido nas diferentes sesións. Ao acertar as preguntas, se proporcionan pistas para poder atopar o tesouro.


Obxectivos

- Explorar o medioambiente.
- Respetar o seu entorno.
- Gozar do medioambiente.
- Relacionar todo o aprendido.
- Traballar en grupos cooperativos.

Temporalización

4 horas de duración

5 SESIÓN



Somos actores e actrices


¨Nenos e nenas, ¿qué vos pareceu a lenda da Moura?, ¿queredes representala?. Hoxe imos realizar un teatro escenificando a lenda da Moura. Para iso, temos que dividir ao alumnado en grupos de 3 para que cada un do grupo represente un personaxe: a Moura, o pai da Moura e o campesiño.








Obxectivos

- Traballar en grupo cooperativo.
- Potenciar a autoestima.
- Representar a obra de teatro.
- Relacionar todo o aprendido durante as sesiones.

Temporalización

1 hora de temporalización.

4 SESIÓN



O noso amigo o basilisco


¨Nenos e nenas, ¿sabedes que é o basilisco?. O basilisco é un lagarto de aspecto áxil e esbelto que ten unha ou dúas crestas sobre a cabeza. Una característica peculiar deste animal é que ten a capacidade de camiñar sobre a auga.





Por iso, imos realizar un experimento científico. Comezamos mostrando diferentes obxectos aos nenos e as nenas e lles preguntamos cales creen que flotarían sobre a auga. A continuación, en grupos cooperativos, cada grupo experimenta e verifica cales dos obxectos mencionados flotan sobre a auga¨.






Obxectivos

- Coñecer as propiedades da auga.
- Respetar o medioambiente.
- Descubrir ó basilisco.
- Traballar en grupos cooperativos.


Temporalización

20 minutos de duración


3 SESIÓN



Muíño, Muíño e Somos panadeiros e panadeiras.


¨Nenos e nenas, ¿sabedes o que é un muíño e o que se fai nel?¨

¨Hoxe imos a realizar un experimento. Para realizalo necesitamos: 6 cucharillas de plástico e unha cortiza en forma de circunferencia a modo de eixo. Como podemos apareciar na imaxe:







E agora, ¿para que credes que serviría o muíño?: o muíño serve para moer o gran que nos da a fariña para facer o pan. ¿Queredes facer pan?. Pois hoxe o faremos. Para poder realizar pan precisamos: fariña, auga, sal e levadura. O procedemento para poder facer pan é o seguinte:

1. Mesturar os ingredientes.
2. Deixar fermentar (30 min).
3. Dividir a masa conseguida e poñerlle forma.
4. Hornear (esto o realizará a cociñeira ou o cociñeiro do colexio).






Obxectivos

- Traballar en grupos cooperativos.
- Empregar diversos materiais reciclables.
- Aprender a facer pan.
- Socializar cos compañeiros e coas compañeiras.
- Elaborar pan.
- Explorar a maneira en que funciona un muíño.


Temporalización

2 horas de duración

mércores, 3 de maio de 2017

2 SESIÓN



Cultivando as sementes


¨Nenos e nenas, ¿sabedes que fan os campesiños e campesiñas?¨. (Con anterioridade, para esta sesión, pedimos aos nenos e as nenas que trouxeran o material necesario: lentella, recipiente de iogur baleiro e algodón).

¨Hoxe imos plantar unha semente de lentella. Primeiro, comenzamos depositando no fondo do recipiente o algodón e introducimos a semente dentro. A continuación, regamos a semente cun pouco de auga. Finalmente, deixamos que a lentella medre regándoa as veces que precise¨.

Obxectivos

- Plantar as sementes.
- Coñecer os materiais que se precisan.
- Fomentar a autonomía.

Temporalización

1 hora de duración (cada día observamos a evolución da semente).

1 SESIÓN




Coñecendo o entorno

¨Nenos e nenas, ¿qué podemos topar ao arredor da nosa escola?.¨

¨Hoxe imos saír a explorar o noso entorno. O que faremos é recoller mostrar de distintos tipos de árboles, flores, prantas e tamén recoñecer a distinta vexetación presente no medio. Despois na aula, grazas a lupa, podrán observar todas as mostras dunha maneira máis precisa. Unha vez observadas as mostras, con elas realizaremos un mural entre todos e todas¨.

Obxectivos

- Recoñecer os distintos tipos de árboles.
- Diferenciar as formas das follas.
- Traballar en grupo.
- Identificar as flores.
- Disfrutar e respetar o medioambiente.

Temporalización

2 horas de duración cos seus descansos pertinentes.