Hoxe imos descubrir a historia do lugar máxico da Poza da Moura!!
Conta a lenda que fai moitísimos anos chegou a terras de Domaio, en Moaña, un mouro coa súa fermosa filla. A rapaza namorouse dun campesiño e ambos atopábanse neste lugar. O pai da moza, contrario a esta relación, os sorprendeu un día na poza e matou ao campesiño. A moura, enloquecida pola dor sumerxiuse na poza e desapareceu. Dícese que dende entón, mas noites de verán escoítanse lamentos da moura procedentes da poza. Na noite de San Xoán, segundo a lenda, a moura aparece na poza peinando os seus longos cabellos cun peine de ouro. Na seguinte fotografía podemos observar a poza:
Continuaremos descubrindo os marabillosos misterios deste lugar nas seguintes entradas!
Un saúdo aos mouros e mouras lectores.